a associaçom

A asociación sen ánimo de lucro Semente de Lugo constitúese o 30 de xaneiro de 2016 co obxectivo de fornecer dun espazo educativo en galego a todas as nenas e nenos do Concello de Lugo que teñan entre os 2 e os 6 anos de idade.

 

Son obxectivos da asociación, os seguintes:

A creación dun centro educativo de inmersión lingüística en galego baseado na coeducación, na laicidade, no asemblearismo, na interacción coa natureza, no respecto pola autorregulación das crianzas e na integración no contexto do seu barrio, da súa vila e da cultura do pobo galego.

A creación de espazos de encontro entre educadoras/es, nais, pais,nenos e nenas tales como excursións, obradoiros, encontros, charlas, exposicións, actividades formativas, etc.

A creación dun fondo bibliográfico que poida ser consultado polas socias e socios e outras persoas interesadas.

Todas aquelas outras accións tendentes a cumprir os fins sinalados e que sexan conformes á lei e decididas polos órganos competentes.

 

A Asociación Semente de Lugo nace da colaboración comprometida e afanosa de pais, nais, profesionais do ensino, nenos e nenas en prol da creación dun centro de educación infantil no rural lucense. Este humilde proxecto é o resultado material dun reclamo popular en favor do cumprimento de dereitos fundamentais dos/as lucenses no eido educativo, a saber: o dereito a educar aos fillos/as en lingua galega, promovendo a súa recuperación e dignificación; o dereito a gozar dunha educación integrada na contorna, que valorice e restitúa simbólicamente o patrimonio cultural galego nos currículos; o dereito a unha educación que dignifique e visibilice os saberes populares e tradicionais; o dereito a unha educación integral de carácter comunitario, que facilite o diálogo interxeracional e; entre outros, o dereito a unha educación humanística, que sexa motor de transformación social.